jueves, 20 de junio de 2013

FESTA DE GRADUACIÓN E FIN DE CURSO

Este día celebrados a festa de graduación do noso compañeiro Samuel, que superou todo os cursos e aturou a todo os mestres para aprender moito.

Agora vaise a outro colexio, o de Vimianzo e o ano que ven iremos a visitalo.

Moitas felicidades, que o pases moi ben, nos vindeiros anos volveremos a reunirnos contigo nese novo colexio.






martes, 4 de junio de 2013

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.
Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.
Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2011, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2011:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno ou alumna e curso, segundo a renda per cápita familiar no ano 2011:
Educación primaria:
  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.



No caso de que nunha mesma unidade familiar existan varios alumnos ou alumnas que reúnan os requisitos para ser causantes destas axudas, percibirase a contía que corresponda por cada un deles, segundo o establecido nesta convocatoria.


Para máis información contacte co seu centro educativo.
Se no centro non puidesen resolverlle as súas dúbidas, tamén poden poñerse en contacto cos seguintes teléfonos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
  • 981 546 521
  • 881 997 385
  • 981 547 301
  • 981 546 516
  • 981 546 523

miércoles, 15 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013



Este ano, o dia das letras galegas vai dedicado a Roberto Vidal Bolaño, que naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. 

Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.

     A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector.
     A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público.


     A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo. 


     A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

Mais informacion:  
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RobVidal&alias=&solapa=obras


robertovidalbolano

Aqui temos algunhas actividades

lim roberto vidal bolaño

xogo



jueves, 9 de mayo de 2013

DIA DA NAI

Como todos os anos, o primeiro domingo de maio, celébrase unha festa moi especial para todos os nenos e nenas, o día dunha das persoas máis importantes para todos nos, o dia da persoa que decidiu traernos a este mundo para que xogaramos e aprenderamos e para que poidamos facer todas as cousas que queramos.

Polo tanto, para agradecerllo dedicamos esa semana a facerlle, non un regalo, nin dous agasallos, senon tres presentes feitos por nos mesmos con todo o noso cariño..


Gracias mamá!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


















viernes, 26 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Esta semana celebramos o día do libro índonos de excursión á casa da cultura de Vimianzo e alí gozar dunha sesión de contacontos sobre animais.





 A Contacontos regaliunos unahs figuriñas de animais feitas de fieltro.


Logo almorzamos e fixemos uns títeres de animais e unhas caretas.









jueves, 18 de abril de 2013

INCENDIO EN CASTROMIL!

E sería o mellor día para qeu o houbera, xa que hoxe recibimos no noso colexio a visita dos bombeiros de Cee que nos voñeron a amosar o seu material de traballo e a  explicar en que consiste.Xunto a nos tamen estiveron os nenos e nenas dos colexios de Carnés, Xabiña e Carantoña.

Os bombeiros foron moi amables e nos deixaron montar no seu camión, tocar a serea e falar polo altavoz.
Tamén usamos as suas mangueiras, agora xa sabemos que facer en caso de incendio!

E probamos o seu casco, é chulisimo!

E por último derenmos unhos agasallos e un carnet de bombeiros coas nosas fotos.

Moitas grazas aos bombeiros, e esperamos que non teñana que vir nunca a apagar un incendio nas nosas casas!
















miércoles, 20 de marzo de 2013

A PRIMAVERA

 


Chegou a primavera ao noso colexio e, de repente, apareceu tooooooooodo cuberto de flores






E algo lle pasou á nosa árbore tamén, marchoulle a neve e apareceronlle unhas fermosas flores e unhas follas verdes, verdes